CIRCUITO GALEGO DE SURF E BODYBOARD 2007

1ª PROBA OPEN
DATA: 2 e 3 de Xuño
PRAIA: Orzán ou praias próximas segundo as condicións do mar (A Coruña).
HORA: De 8:30 a 9:30 horas do sábado pago e confirmación de inscricións na praia e ás 10:00 comezo
do campionato (horario que pode mudar segundo a ondeaxe)
MODALIDADES: Surf e Bodyboard (masculino e feminino)
PREZO: 20 € (desconto do 50% preinscrición para todo o Circuito Galego)
INSCRICIÓNS: Fax (986299378) ou e-mail (info@fgsurf.com) á Federación Galega de Surf.
PECHE DAS INSCRICIÓNS: Ata o xoves 31 de Maio ás 20:00 horas
As "Bases Circuito Galego 2007" e o "Regulamento de Competición da Federación Galega de Surf" poden ser ollados na web da Federación www.fgsurf.com
NOTA IMPORTANTE: Non é posible federarse o mesmo día do campionato e no caso de estar federado por outras federacións autonómicas, será obrigatorio a presenza da licenza na praia.
Ademáis aquelas persoas que pagasen todo o circuito, terán que confirmar á FGS igualmente a inscrición antes do xoves 31 ás 20:00 horas.
Federación Galega de Surf
c/.Fotógrafo Luís Ksado, 17 - Oficina 17 - 36209 VIGO-Galicia
Tel. 986 239095 Fax. 986 299378 Email. info@fgsurf.com
www.fgsurf.com